-
Billy Wilder e a importancia de gardar o mellor para o final
O fragmento que vou poñer (en fotogramas) a continuación é unha das miñas partes favoritas de Some Like It Hot. Unha secuencia de apenas uns minutos que, sen necesidade de diálogos nin voces en off, é capaz de crear o ambiente e situarnos no universo da historia. Comecemos pois a describir a escea:

Un coche percorre unha estrada.

Dentro, dous homes permanecen ao lado dun cadaleito recuberto con flores.

De súpeto, os pasaxeiros do vehículo comezan a escoitar un ruído.

Os homes que se sitúan na parte de atrás miran pola ventá e confirman os seus temores: a policía persígueos.

O coche fúnebre pisa o acelerador e fuxe da policía.

A policía dispara contra o coche fúnebre mentres o persegue polas rúas da cidade.

Os homes de detrás, abren un escondite que está enriba do cadaleito e sacan unhas metralletas.

Por suposto, comezan a disparar contra o coche de policía ata acertarlle.


O coche de policía estámpase contra uns cubos de lixo e os homes do coche fúnebre conseguen fuxir.

Os pasaxeiros da zona de atrás miran o cadaleito.
Aquí é onde ven a maior xenialidade do mestre Billy Wilder. Unha simple acción que explica toda a persecución que precedeu este momento e que nos pon en situación para o que ven despois.



Chicago, 1929.
Non fai falla dicir nada. Non é necesario diálogo, nin ningún tipo de información a maiores. Neste anaco de pouco máis de un minuto e algo, Billy Wilder nos mete de cheo no núcleo da acción e nos presenta un elemento claro que, máis tarde, detonará a historia.
-