1. The Godfather (1972)

    Coma no caso de Casablanca, esta escea pasa desapercibida dentro deste peliculón. Neste caso, Marlon Brando nos amosa a cara máis humana de Vito Corleone cando se entera da noticia de que o seu fillo morreu.

    3 weeks ago  /  0 notes

  2. Billy Wilder e a importancia de gardar o mellor para o final

    O fragmento que vou poñer (en fotogramas) a continuación é unha das miñas partes favoritas de Some Like It Hot. Unha secuencia de apenas uns minutos que, sen necesidade de diálogos nin voces en off, é capaz de crear o ambiente e situarnos no universo da historia. Comecemos pois a describir a escea:

    Un coche percorre unha estrada.

    Dentro, dous homes permanecen ao lado dun cadaleito recuberto con flores.

    De súpeto, os pasaxeiros do vehículo comezan a escoitar un ruído.

    Os homes que se sitúan na parte de atrás miran pola ventá e confirman os seus temores: a policía persígueos.

    O coche fúnebre pisa o acelerador e fuxe da policía.

    A policía dispara contra o coche fúnebre mentres o persegue polas rúas da cidade.

    Os homes de detrás, abren un escondite que está enriba do cadaleito e sacan unhas metralletas.

    Por suposto, comezan a disparar contra o coche de policía ata acertarlle.

    O coche de policía estámpase contra uns cubos de lixo e os homes do coche fúnebre conseguen fuxir.

    Os pasaxeiros da zona de atrás miran o cadaleito.

    Aquí é onde ven a maior xenialidade do mestre Billy Wilder. Unha simple acción que explica toda a persecución que precedeu este momento e que nos pon en situación para o que ven despois.

    Chicago, 1929

    Non fai falla dicir nada. Non é necesario diálogo, nin ningún tipo de información a maiores. Neste anaco de pouco máis de un minuto e algo, Billy Wilder nos mete de cheo no núcleo da acción e nos presenta un elemento claro que, máis tarde, detonará a historia.

    3 weeks ago  /  0 notes

  3. Casablanca (1942)

    Simplemente deixo aquí o mellor momento de toda a película. As imaxes falan por si soas.

    3 weeks ago  /  0 notes

  4. Reapertura

    Despois de pechar a primeira versión de Filmes que ver, chega aos vosos fogares, Filmes que ver (versión 2.0.1.).

    Por que versión 2.0.1? Pois moi simple: queda moito máis cool que “versión 2”.

    Que vou poñer aquí? O mesmo de sempre, películas que tedes ver, esceas de películas que son memorables e algunha que outra cousa que vaia atopando por aí.

    3 weeks ago  /  0 notes